Skip to Content

Actividades    Biblioteca     Comedor    Galería


 

Semana Das Letras Galegas

Letras Galegas 2023

Esta semana está adicada a nosa lingua, coa celebración do día das letras galegas, adicado este ano a Francisco Fernández del Riego.

Francisco Fernández del Riego

Clicando en ler máis, poderedes aceder a diferentes recursos para celebrar a nosa lingua fermosa!

Vestimos poemas

Para celebrar o día das letras galegas cada aula estivo traballando un poema de Florencio Delgado Gurriarán e unha das actividades finais foi separar dito poema en versos, que cada neno/a escribiu na súa camiseta, para despois xuntarse todo o alumnado do colexio e ensinar as súas camisetas poéticas.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Este curso o día das Letras Galegas estivo adicado a XELA ARIAS. En todas as aulas se traballou sobre a súa vida e a súa obra e na Biblioteca expuxéronse libros tanto escritos por ela coma traducidos. 

Déixamosvos unhas imaxes na que se pode ver a caricatura de Xela Arias decorada de distintas maneiras para decorar as portas, corchos e a entrada do colexio. 

 

VER EN PANTALLA COMPLETA

LETRAS GALEGAS 2020 - HOMENAXEA A RICARDO CARVALHO CALERO

Deixámosvos un vídeo e un conto, para que coñezades ao autor homenaxeado nesta edición. 

 

LIBRO DOS BOLECHAS SOBRE CARVALHO CALERO 

Libro aloxado no Portal da Lingua Galega

 

LETRAS GALEGAS 2020

O autro homenaxeado este ano é RICARDO CARVALHO CALERO. Deixámosvos aquí un vídeo dunha das súas obras apta para o público infantil 

 

 

Para traballar un pouco o DÍA DAS LETRAS GALEGAS facémosvos a seguinte proposta de investigación.

PICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO DOCUMENTO

 

Para que che sexa máis doada a pescuda tedes á vosa disposición as seguintes páxinas web:

http://diadasletrasgalegas.galiciadigital.com/homenaxeados

https://academia.gal/figuras-homenaxeadas

http://seminariogalan.org/inicio/dia/letras 

https://es.calameo.com/read/000150675fe23fac73f00

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/as-minas-primeiras-letras-galegas-rosalia-de-castro

 

Proxecto: RECOMPILAMOS PALABRAS ENXEBRES

RETO: Conseguir xuntar 500 palabras enxebres do galego e sobre todo da zona de As Neves. Conseguirémolo?

Para ver a presentación en pantalla completa pica AQUÍ

LETRAS GALEGAS 2016

O 18 de maio celebramos no colexio o día das Letras Galegas, este ano adicadas a Manuel María, cun lecturas e recitados de poemas do autor. Para iso estivemos parte da mañá no corredor, onde uns recitaban ou lían, mentres outros pasaban por alí para escoitar os poemas. Deixámosvos aquí as fotos que mostran a actividade que nos gustou moito. 

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow customized with Smilebox

LETRAS GALEGAS 2016: LIBRO ILUSTRADO POEMAS MANUEL MARÍA

Aquí vos deixamos os poemas que o alumnado do colexio copiou e ilustrou, para conmemorar o día das Letras Galegas. Poemas que logo recitaron no corredor do centro para outros compañeiros e compañeiras. 

 

 

CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este domingo 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas. Con motivo desta celebración celebrousse un concerto no Auditorio no que participaron 

 

BANDA DE RUBIÓS

ESCOLA DE MÚSICA DE AS NEVES

PANDEIREITEIRAS DE VIDE

O ALUMNADO DE 5 ANOS CUN BAILE

E CATRO ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º FIXERON A PRENSENTACIÓN E FALÁRONOS DO AUTOR HOMENAXEADO QUE ESTE ANO É 

 

XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE

 

E aquí vos deixamos a presentación das fotos do evento, pasámolo moi ben. 

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow made with Smilebox
Distribuir contido

     Bibliotecas Escolares Radio na Biblio



by Dr. Radut