Skip to Content

Actividades    Biblioteca     Comedor    Galería


 

Día contra a Violencia de Xénero

Manifesto para a eliminación da violencia contra a muller.

O 24 de novembro, o alumnado de 5º e 6º xuntouse no concello co alumnado do instituto para a lectura dun manifesto pola Eliminación da Violencia contra a Muller.

Álbum: Curso 2023-2024 -> 25 de novembro: manifesto no concello

Libres

O CEIP Marquesa do Pazo da Mercé uniuse baixo o lema "LIBRES" polo Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller.  Cada bolboreta representa un desexo, un dereito ou un obxectivo que dende XA debe esparexerse na sociedade.

Parabéns a tod@s pola participación!!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> 25 de novembro: Somos Libres

Día Internacional contra a Violencia de Xénero 2022

O venres 25 conmemoramos no colexio o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, co lema: 

Non máis bágoas!

Conmemoración Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O luns 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. E a actividade principal do día consistía na lectura do conto  ¿Hai algo más aburrido que ser una princesa rosa?

 

Unha vez lido o conto, démoslles aos nenos e nenas a silueta de princesa para que lle debuxaran a roupa e a colorearan. A única condición que lles puxemos, era que non empregaran a cor rosa nesta actividade. 

E así quedaron as nosas princesas:

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2º PARTE

As outras actividades que fixemos para celebrar o día, foi crear uns carteis en cada aula cun lema elexido por cada un dos grupos. 

Aquí vos deixamos o resultado en forma de presentación.

Picando sobre a imaxe accededes á presentación dos carteis. Se non se incia picade AQUÍ 

E con estes carteis fomos á praza do Concello, onde nos xuntamos co alumnado do Instituto para levar a cabo unha actividade conxunta. Lemos os nosos carteis, escoitamos os que levaban o alumnado do Instituto e logo dixeron en alto o nome de cada unha das 45 vítimas deste ano. 

 

CONMEMORAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2018

Hoxe fixemos varias actividades relacionadas coa conmemoración desta data. A primeira foi xuntarnos todos no pavillón despois do recreo. 

Alí cada curso tiña que colocar dúas pezas para formar o seguinte quebracabezas. 

 

Ao rematar colocámonos de tal xeito que entre todos e todas chegamos a formar a forma do lazo. 

 

E por último cantamos a canción LA PUERTA VIOLETA de Rozalen. 

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

     O venres conmemoramos no colexio o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Debido á chuvia non puidemos saír á praza como facemos habitualmente e tivemos que facelo no pavillón. 

    Alí nenos e nenas de 6º leron o seu manifesto, logo falou unhas palabras o alcalde que nos veu visitar para conmemorar o día connosco e para rematar cantamos a canción de Huecco titulada No más lágrimas. No pulso levavamos unha pulseira violeta con tres nós que simbolizan a igualdade entre homes e mulleres, o respecto por ámbolos dous xéneros e o fin das bágoas, facendo alusión á canción.    

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own free digital slideshow

Conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero

Para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero traballamos esta temática co alumnado dende as distintas titorías, pero tamén se fixeron actividades que implicaron a participación de todo o alumnado. E son as seguintes: 

 

Todo o alumnado participou na  presentación de modelos para facer unha chapa que levaríamos ese día. E o modelo elexido foi este que elaborou Cosme de 6ºA:

Todas os demais modelos foron expostos na entrada do centro e quedaron así de vistosos:

 

 

O alumnado de 6ºB redactou uns traballos para este día e queren nos mostrar os seus resultados AQUÍ

Outra actividade consistiu en saír á praza do Concello e para iso preparamos unha pancarta:

Aquí estamos todos na praza coa nosa pancarta. 

Lereronse comunicados e cantamos a canción de Amaral "Salir corriendo" que practicamos nas aulas co seguinte video.

 

 E por último colgamos á pancarta na fachada do colexio para recordar dita conmemoración:

 
 

Saímos á praza do concello no Día en CONTRA da Violencia de Xénero

O pasado 25 de novembro fixemos unha saída á praza do concello, para protestar en conxunto cos rapaces e rapazas do instituto, protestar en contra da violencia de xénero. 

Aquí vos deixamos as fotos da camiñata, da cadea humana que fixemos e do manifesto na praza, coas mensaxes que dixeron os nosos alumnos e alumnas.

 

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A picture slideshow by Smilebox
Distribuir contido

     Bibliotecas Escolares Radio na Biblio



by Dr. Radut