Skip to Content

EXCURSIÓN 5º E 6º OUTUBRO 2016

O día 20 de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º fomos ao teatro a    Afundación Abanca en Vigo, a ver unha obra de teatro sobre "A economía", na que a través dos contos explicaba as ilusións dunha nena para poder alcanzar os seus soños.

 

   Fomos comer a Castrelos, onde xogamos un bo anaca, desfrutamos do bo tempo do día, tirámonos en tirolina, sacamos fotos, .... e xa pola tarde visitamos a exposición de Naturnova, onde tivemos ocasión de distinguir diferentes cheiros (lixo, o mar, cheiro a peixe, a fume,...etc.), xogar nos ordenadores (usar google maps, puzzles, ...etc.), pero sen dúbida o mellor da tarde foi que nos subimos nun simulador de submariño que nos levou de visita virtual pola Ría de Vigo ensinándonos plantas mariñas e peixes de moitas clases.

 

Pasámolo xenial!

Aquí vos deixamos as fotos do día:

 

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow made with Smilebox


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

page | by Dr. Radut