Skip to Content

Actividades    Biblioteca     Comedor    Galería


 

Primaria

Saída ao teatro do primeiro ciclo

O martes 15 de novembro, o alumnado de primeiro e segundo visitou o teatro A Fundación para ver a obra "La aventura de aburrirse", do grupo L'Estaquirot.

Álbum: Curso 2022-2023 -> La aventura de aburrirse - Saída 1º ciclo

Aliméntate ben! Fai Clic ao teu Bocata

Hoxe  visitáronnos os monitores de "Fai Clic ao teu Bocata", para falalrnos de comida saudable e das conservas de produtos do mar.

Imaxinación ao poder, facendo un bocata saudable de maneira rápida e sinxela.

Facendo clic na seguinte imaxe, poderás ver algunhas das cousiñas que fixemos nestes interesantes obradoiros:

(Actualizado o venres 18 con novas fotos!)

Álbum: Curso 2022-2023 -> Fai Clic ao teu Bocata

Obradoiros de Permacultura

Neste primeiro trimestre, o alumnado de primaria participou nuns obradoiros de permacultura.

Pero, que é a permacultura?

A permacultura é un sistema de principios de deseño agrícola e social focalizados na simulación ou directamente no uso de padróns e características observados no ecosistema natural (David Holmgren e Bill Mollison, 1978)

A verba "permacultura" alude a agricultura permanente, pero pasou tamén a equivaler a cultura permanente, xa que se entende que os aspectos sociais son unha parte conformante dun sistema verdadeiramente sostible .

A permacultura é unha filosofía de traballar con, e non contra a natureza; de observación prolongada e ben meditada, en vez dun labor longo e desconsiderado; e de observar todas e cada unha das funcións propias das plantas e dos animais, en lugar de tratar calquera área como un sistema de produción única (Mollison).

Álbum: Curso 2022-2023 -> Obradoiros de permacultura

Proxecto Prensa-Escuela

O alumnado de quinto de Educación Primaria embárcase na aventura da Prensa-Escola.

Todos os mércores recibirán o xornal, para achegarse á prensa escrita na aula e, ás veces, tamén na casa.


 

Álbum: Obradoiros de igualdade

Clicando na seguinte imaxe podedes ver algunhas imaxes dos obradoiros de igualdade que tiveron lugar no centro.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Obradoiros de igualdade

Obradoiros de igualdade

Esta semana visítanos Ana para facer uns obradoiros de igualdade con todos os nenos e nenas da escola.

Onte estivo cos maiores (de terceiro a sexto) e hoxe está cos máis pequenos (de infantil ata segundo de primaria). 

A través de vídeos, contos e xogos, reforzamos a idea da igualdade entre homes e mulleres.

A continuación podedes ver algunhas fotos dos talleres:

Listaxe de material curso 2022/2023

Clicando no arquivo adxunto, podedes acceder á listaxe do material para este curso

Visítanos Miguel Ángel Alonso Diz

Hoxe veu visitar Miguel Ángel Alonso Diz ao alumnado de 5º e 6º de EP e estiveron falando do seu libro Música no faiado.

 

 

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS DE 5º EI

O alumnado de 5º de Educación Infantil fainos unhas recomendacións de libros.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE 2º DE PRIMARIA

@S NEN@S DE 2º DE PRIMARIA RECOMENDAN...

Distribuir contido

     Bibliotecas Escolares Radio na Biblio



by Dr. Radut