Skip to Content

Infantil

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE AS NEVES

Os nenos e nenas de infantil foron convidados a asistir na Biblioteca de As Neves a unha sesión de contacontos. Gustoulles un montón e queremos deixarvos aquí as fotos do evento. 

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
A free digital scrapbooking design by Smilebox

Unha obra de teatro moi especial

       O último día de clase puidemos gozar dunha xenial representación teatral. Un grupo de pais e nais da Anpa prepararon a obra “ Un día na consulta da inseguridade social”.

       Estivo fenomenal, gustounos moito e os nenos e nenas estiveron moi atentos vendo o que facían os seus pais/nais ou os pais/nais de compañeiros/as, cousa que lles emocionou bastante.

       Queremos agradecer a este grupo de pais que tiveran unha iniciativa tan acertada e marabillosa e oxalá nos deleiten con outra obra para o curso que ben. 

Moitas grazas!!

 

 

 

O PEIXE CHEGA ÁS PORTADAS DE INFANTIL

En Educación Infantil tamén se sabe que comer peixe é moi saudable, e que ademais está moi rico. Para recordar todo o que falamos do peixe nestes días, elaboraron unha portada para a súas fichas, na que o protagonitsta é un peixe moi colorida. Mirade que ben traballaron e que chulas lles quedaron. 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free digital slideshow customized with Smilebox
Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut