Skip to Content

Actividades    Biblioteca     Comedor    Galería


 

Infantil

Radio Bule Bule

O martes 6 de xuño todo o colexio visitou o Auditorio Municipal de As Neves para ver o espectáculo Radio Bule Bule de Paco Nogueiras. 

Cantamos, bailamos e pasamos un bo rato, xunto co alumnado das Escolas de Educación Infantil de Rubiós e Taboexa.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Radio Bule Bule

Aliméntate ben! Reparto de leite

Informámoslles que a partir de mañán día 30 de maio farase o 2º reparto de leite en bricks de 200cc entre o alumnado, como parte do programa Aliméntate Ben!

 

   Un saúdo, A dirección

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PRA O CURSO ESCOLAR 2023-2024


Informámoslles que dende hoxe 22 de Maio ata o 21 de Xuño está aberto o prazo para solicitar a axuda para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2023-2024. 

Extracto da Orde do 10 de maio de 2023.

 

Pódense presentar presencialmente ou pola sede electrónica da xunta.

 

Documentación requerida:

          • Anexo I e  Anexo II
          • Copia do libro de familia.
          • E se é o caso sentenza de separación ou divorcio, certificado de discapacidade, situación de violencia de xénero,..

Maxia no cole

No día internacional das mulleres recibimos a visita de Sara e Carlos. Coa súa maxia e sentido do humor revisamos a historia das mulleres na maxia, e quedamos abraiados cos seus trucos.

Día da Paz 2023

Álbum: Curso 2022-2023 -> Día da non violencia e da paz

Aliméntate ben! Froita na escola

Durante  os recreos deste curso degustamos froitas variadas: amorodos, sandías, mazás, peras, plátanos...

Ñam, ñam, ñam :)

 

Isto formou parte do Programa "Aliméntate Ben".

Todo o alumnado que solicitou praza está ADMITIDO!

admisión

As mandas da MECA

Mandas da MECA 

O festival de Nadal

Ao remate do primeiro trimestre, celebramos o Festival de Nadal, no pabellón do cole. 

Os alumnos e alumnas de sexto fixeron de anfitrións da gala, encargándose de presentar as distintas actuacións.

 

Clica nas portas de cada aula para ver a súa actuación:

Infantil 1

Infantil 2

1º de Primaria

2º de Primaria

3º de Primaria

4º de Primaria

5º de Primaria

6º de Primaria

Calendario do Procedemento de Admisión e Matrícula

 

 Para aceder ao calendario completo clicar no botón "Leer máis":

Distribuir contido

     Bibliotecas Escolares Radio na Biblio



by Dr. Radut