Skip to Content

Actividades    Biblioteca     Comedor    Galería


 

Samaín

O SAMAÍN NO COLEXIO

 
 
 
 
¡GRAZAS!

Arts en 5º - Manualidade de Halloween

 

Na clase de arts nos quintos aproveitámonos dos presentes que nos ofrece a natureza para realizar unha manualidade

de Halloween.

 

Que vos parecen? Va que quedaron ben feitiñas?

PASTELEIROS EN SAMAÍN

Os nenos e nenas de 3º e 4º tiveron un xeito moi especial de celebrar o Samaín. Convertéronse en pasteleiros e fixeron unhas riquísimas galletas con formas de pantasmas, morcegos, cabazas,...

 

Había que ser moi valentes para comelas, pero estaban tan boas que todos se esqueceron do medo que daban. 

 

Mirade como traballaron e que boa pinta tiñan as galletas o rematar. 

 

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Un ano máis celebramos o Samaín no colexio. Este ano a xornada desenvolveuse con distintas actividades. 

Pola mañá: 

  • Exposición de manualidades coa temática do Samaín.
  • Presentación do libro dos monstros que se crearon en cada aula. 
  • Visonado de curtas relacionadas co Samaín. Algunhas daban medo e      outras sacáronos algunhas risas. 

Pola tarde: 

  • Baile
  • Fotocol
  • Sesión de maquillaxe. Esta parte da xornada foi moi especial, porque as familias que tiveron disponibilidade horaria e lles gustaba a maquillaxe viñeron ao centro a pasar este ratiño connosco. Fixeron un traballo estupendo nas caras dos pequechos. 

 

Dende aquí queremos agradecer de todo corazón que sacaran o tempo para  acompañarnos. 

 

MOITÍSIMAS GRAZAS!!

 

Agora deixámosvos aquí a montaxe con todas as fotos da xornada.  Se falla a presentación picade

AQUÍ

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow design customized with Smilebox

OS MONSTROS DO NOSO COLEXIO

Neste curso fixemos unha actividade moi divertida para o Samaín. Cada aula tiña que crear un monstruo especial. Podía ser bo ou malo e ter uns poderes máxicos. Aquí vos deixamos en versión dixital o libro que fixemos con todos os monstruos do cole. 

 OS NOSOS MONSTROS.

CELEBRAMOS O SAMAÍN 2016

O pasado 28 de outubro celebramos no colexio o día do Samaín. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxose que todos os cursos leran a outros compañeiros uns contos relacionados coa temática, polo que cada titor elexiu un conto e o preparou co seu alumnado de xeito que se puidera ler ou representar aos demais, na data sinalada. Mentres uns lían, outros escoitaban e mentres se agardaba o turno, fixéronse nas aulas talleres de decoración de cabazas. 

Deixámosvos aquí a montaxe das fotos do día da celebración:

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow generated with Smilebox

Foi unha experiencia moi bonita e todos desfrutaron coas distintas lecturas. 

O SAMAÍN NO COLE 2015

Este ano celebramos o Samaín co seguinte programa:

 

- Un túnel de medo con persoaxes que metían moitísimo medo.

- Un taller de maquillaxe para estar de medo.

- Un baile con merendola doce no ximnasio. 

E aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica do evento. 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a slideshow design

NOTA INFORMATIVA FAMILIAS: SAMAÍN - MAGOSTO

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS SOBRE SAMAÍN E MAGOSTO NO COLEXIO

Distribuir contido

     Bibliotecas Escolares Radio na Biblio



by Dr. Radut