Skip to Content

Actividades    Biblioteca     Comedor    Galería


 

Blogues

Comeza o club de lectura en Educación Infantil!

En Educación Infantil arrancan co club de lectura do libro Xa non son malo. Grazas a colaboración das familias podemos desenvolver esta actividade tan enriquecedora!

Contacontos "Recíclate con Sogama"

Tivemos un contacontos da man de Recíclate con Sogama en Educación Infantil. Encantounos!

Esperta a túa creatividade

Creamos unha historia?

Creamos unha historia con estes ingredientes?

Cada neno/a do cole, xunto a súa clase, vai crear unha para contarlle aos/as compañeiros/as o día do libro.

E ti anímaste a inventar un contiño?

Maleta viaxeira "Creativa"

O CEFORE de Ourense préstanos durante un mes a maleta viaxeira Creativa!

A arte do "puntillismo".

O alumnado de 2º de Educación Primaria desenvolveu o "puntillismo" a través dos alimentos. Apreciade o seu gran traballo!

Obradoiro de cociña

Hoxe, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, tivo un obradoiro de cociña, no que preparou o seu petisco de media mañá. Tocou facer biscoito de iogur! Saíron regular, pero estaban de ricos... 

Mesmos ingredientes, diferentes formas de facer, obtivemos uns ricos biscoitos que degustamos na hora de lecer.

Como di o conto de COCORICO: Picotí, picotá! Ai que rico está (ou estaba)!!!

Non quedou nin unha migalla!

 

"A froita".

Aquí temos a poesía "A froita" coa que o alumnado de 2º de Educación Primaria estivo traballando nos últimos días.

Obradoiros de pulseiras

O alumnado de 5º e 6º de Educaci´no Primaria estivo elaborando pulseiras nun obradoiro da biblioteca!

Distribuir contido

     Bibliotecas Escolares Radio na Biblio



by Dr. Radut