Skip to Content

PDI: A Cociña

Facemos arte a través da fotografía

O alumnado de 6º de Educaión Primaria estivo traballando a arte cos alimentos a través da fotografía. Aquí podedes ver as súas magníficas fotos!

Arte de Infantil 1

O alumnado de Infantil 1 fixo para o reto "Arte na que estean pressentes os alimentos" esta obra. Produto final tras tras ver e traballar obras como a Lata de Sopa de Campbell´s, o Bodegón de Carmen Rguez de Legísima, Aguador de Sevilla Velázquez...

En que alimento se pode converter un triángulo?

O alumnado de Infantil 1 estivo traballando cos triángulos e reflexionando no alimento no que se podían converter. Aquí podedes ver as súas ideas!

"Versitos difíciles de masticar"

O alumnado de Infantil 2 estivo traballando a poesía nos dous proxectos nos que está inmerso "Exploradores del universo" e o PDI da cociña. Este é o seu gran traballo!

Vota o menú de Nadal!

O alumnado do noso colexio estivo investigando sobre pratos saudables que lles apeteza comer no último día de clase deste 1º trimestre. Nunhas horas imos colocar os menús xunto a urna para que voten.

Nos próximos días coñeceremos o menú gañador! Poderedes lelo no menú do mes de decembro.

 

Doces terroríficos

Para rematar a celebración do Samaín, as familias enviaron doces terroríficos feitos na casa xunto a súa cativada. Estaban magníficos!

PDI "A cociña". Arrancamos!

Para arrrancar co Proxecto Documental Integrado deste curso A cociña preparamos unha decoración no corredor do andar baixo e acompañámola da seguinte pregunta para que o alumnado reflexione sobre ela:

PDI "A cociña". Arrancamos!

O Proxecto Documental Integrado (PDI) deste curso 2023-2024 será sobre a cociña. O día presentouse con esta decoración! Esperamos aprender moito sobre este mundo!

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut