Skip to Content

Actividades    Biblioteca     Comedor    Galería


 

Visitas

Visita de Anxo Iglesias

O mércores 7 de xuño o escritor Anxo Iglesias visitou o alumnado de 3º e 4º.

Falounos da súa obra, da poesía, e xuntos crearon obras moi interesantes. 

50 aniversario.- Celebración formal

Con motivo do 50 aniversario, este sábado 3 recibimos ás autoridades educativas (inspección e xefe territorial) e locais, e inauguramos formalmente o mural da entrada e a nova placa do centro.

Amenizounos a xornada o grupo "Concertino" do Conservatorio Coppelia, de Vigo.

Agradecemos a todos os asistentes a súa presenza, e esperamos que pasaran un bo rato.

Clicando na imaxe podedes ver o álbum de fotos deste evento. 

Álbum: Curso 2022-2023 -> 50 aniversario

Navega con Rumbo, en 5º.

O alumnado de 5º de Educación Primaria participou na xornada divulgativa do programa "Navega con Rumbo", co obxectivo de guialos cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas coma o ciberacoso ou outros riscos da rede. 

Rede Ecocomedores

Obradoiros Ecocomedores

O venres 28 de abril, o alumnado de 3º, 4º e 5º participou na primeira xornada informativa do proxecto Ecocomedores, na que se buscará fomentar unha alimentación máis consciente, saudable e sostible. impulsados polo Grupo de Desenvolvemento Rural do Condado Paradanta.

Desta forma, o noso cole pasa a formar parte da Rede Ecocomedores, participando en diversas actividades que teñen como obxectivo promover os produtos locais, ecolóxicos e de tempada no territorio.

Clica na imaxe para ver as fotografías do obradoiro.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Obradoiros ecocomedores

Mural

Proxecto: Os dinosauros en infantil

As dúas aulas de educación infantil  tiveron unha actividade moi lúdica para ir poñendo fin ao seu proxecto de dinosauros.

Realizamos unha entrevista a uns paleontólogos da universidade danesa de Aarhus.

Responderon moi amablemente a todas as nosas preguntas.

Dinosauros

Moitas grazas a todo o seu equipo!

Plantando árbores con pinceis

Este xoves o alumnado de primaria participou na actividade Plantando árbores con pinceis.

Os nenos e nenas de 2º, 3º e 4º usaron pinturas ecolóxicas para personalizar bolsas.

A rapazada de 5º e 6º participou na elaboración dun mural na entrada traseira do centro que, ademais de decorar, coida do medio ambiente axudando a limpar o aire que respiramos.

 

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> Plantando árbores con pinceis

Obradoiro de Ecopercusión

O mércores 25 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º de primaria participou nun obradoiro de ecopercusión, a cargo do perccusionista Didier Díaz, aprendendo ritmos feitos con instrumentos de material reciclado, coma cubos de pintura, botes...

XOGADE: Sesión de Xogaloita

O luns 20, como parte do Plan Proxecta "Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD), o alumnado de 4º de educación primaria participou na actividade de Xoga-Loita.

Distribuir contido

     Bibliotecas Escolares Radio na Biblio



by Dr. Radut