Skip to Content

Taboleiro

SAÍDA A CORUÑA

06/02/2013 10:00
06/02/2013 16:30
Etc/GMT+1

O alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria fará unha viaxe a Coruña para visitar a "Casa dos peixes", o "Planetario" e a "Casa do home".

Sairán do colexio ás 10.00h e estarán de regreso ás 16.30h.

ENTROIDO 2013

08/02/2013 10:00
08/02/2013 13:00
Etc/GMT+1

Aínda que o día grande do Entroido celebrarémolo o venres 8, as actividades darán comezo uns días antes:

A semana previa á celebración, recolleranse as caretas para o "I CONCURSO DE CARETAS". As bases do mesmo serán enviadas por escrito ás familias para que poidan participar.

DÍA DA PAZ

30/01/2013 14:50
30/01/2013 15:20
Etc/GMT+1

Celebraremos conxuntamente o día da Paz coas seguintes actividades:

A partir das 14.50h sairá a Chiquitropa. 

Todos xuntos no patio cantaremos a canción escollida para este día.

Festival de Nadal

21/12/2012 10:00
21/12/2012 13:00
Etc/GMT+1

Programa de actos:

10.20 h: Chiquitropa

10.30 h: Os pequeniques

10.35 h: Cancións interpretadas polos dous grupos de Infantil

Representación teatral

20/12/2012 15:30
20/12/2012 16:30
Etc/GMT+1

Ás 15.30 h, o alumnado de 5º de Primaria representará a obra de teatro "Revoltixo de contos".

Ó remate da mesma farase entrega dos premios do concurso de "Colgaportas" organizado pola Biblioteca.

Exposición e concurso de cabazas do Samaín

31/10/2012 10:00
31/10/2012 16:30
Etc/GMT+1

O Equipo de actividades Complementarias e Extraescolares organiza un concurso de cabazas. 

Haberá un premio por ciclo. O alumno que presente a cabaza máis laboriosa recibirá un diploma.

As cabazas estarán expostas no colexio e retiraranse o mércores 31 a última hora da tarde.

ADMISIÓN ALUMNOS CURSO 2012-13

LIBROS DE TEXTO

Distribuir contido


by Dr. Radut