Skip to Content

Taboleiro

XA COMEZAMOS

Arrancou o novo curso sen grandes sobresaltos. Xa estamos todos nos nosos postos e, agora que xa nos coñecemos... a traballar con ansia!

CURSO 2019-2020. Comezo das clases

O mércores 11 de setembro comezarán as clases para o alumnado de infantil e primaria.

Horario:

* 4º EI: convocarase unha reunión coas familias antes do día 11 de setembro para establecer o horario durante o periodo de adaptación.

* 5º/6º EI e EP: de 9.30 h a 14.30 h. Usuarios de comedor de 14.30 h a 15.30 h.

Lémbrase que os martes do mes de setembro a saída das clases é ás 14.15 h e a do comedor ás 15.15 h.

SAÍDA A MUXÍA

O mércores 18 de abril, o alumnado de Infantil desprazarase a Muxía na xornada da mañá para visitar a Biblioteca Municipal e o parque do Coído.

SAÍDA Ó TEATRO A CEE

O xoves 12 de abril os grupos de 5º e 6º de Primaria asistirán ó auditorio de Cee para ver a obra de teatro "Leonardo e os fontaneiros", adaptación da novela de Mª Victoria Moreno (autora a quen se lle adican este ano as Letras Galegas).

VISITA Ó IES RAMÓN CAAMAÑO

Durante a mañá do xoves 1 de xuño, o alumnado de 6º EP visitará o IES Ramón Caamaño de Muxía onde estará ecolarizado o vindeiro curso.

XORNADA LÚDICA DE BALONMÁN

O xoves 27 de outubro contaremos coa visita de dous monitores de balonmán que achegarán este deporte ó alumnado de 3º a 6º EP. Esta actividade está patrocinada polo Concello de Muxía.

COMEZO DO CURSO 2015-2016

O inicio das clases para o alumnado de Infantil e Primaria será o 10 de setembro. O horario durante este mes será de 9.30 a 14.30 h. Os usuarios de comedor rematarán ás 15.30 h.

CHARLA DA ESCOLA DE VELA "CATAVENTOS"

 O mércores 2 de abril, unha monitora da escola de vela "Cataventos", achegarase ó noso centro en horario de mañá, para informar ó alumnado de 3º ciclo de Primaria sobre as actividades que se poden desenvolver no mar. Esta charla é fundamental para poder facer unha sesión práctica no mes de xuño no porto de Muxía.

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

O venres 21 de marzo, xa que comeza a primavera, adicarémolo ó medioambiente e á poesía.

Pola mañá achegaranse ó centro os axentes forestais que nos falarán sobre os efectos dos lumes nos montes, amosararnnos como se utiliza a motobomba e plantarán sementes con nós.

VISITA A UN INVERNADOIRO

O alumnado de Infantil visitará un invernadoiro en Fumiñeo na mañá do venres 14 de marzo.

Distribuir contido


by Dr. Radut