Dende o 8 de abril ata o 3 de xuño, todos os luns lectivos a rapazada de Educación Primaria participará na actividade de piscina que promove o Concello de Fene e que forma parte da programación de Educación Física, tal e como queda recollido na Programación Xeral Anual do curso 2023/2024 aprobada polo Consello Escolar.
Dita actividade levarase a cabo durante a xornada escolar. O alumnado estará acompañado polo profesorado do colexio (2 mestres: 1 de EF e 1 titora) e polos monitores da Piscina Municipal de Fene.
Todos e todas teñen que levar: traxe de baño, toalla, chanclas, gafas de piscina e gorro, así como roupa cómoda (chándal e calzado deportivo).
O transporte está subvencionado polo centro dentro do programa Contratos Programa Innova: EDUSaúde