Estimadas familias:
Desde a ANPA e as aulas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de EP participamos no I Concurso Audiovisual “Somos rural” organizado pola Confederación de ANPAS Galegas. Este concurso convócase co obxectivo de contribuír á visualización dos aspectos menos coñecidos do noso rural para procurar a súa posta en valor entre o alumnado galego participante e o resto do país.
Nós vamos a presentar un traballo sobre o “Patrimonio Indiano” presente no concello.
Son varias as actividades que temos programadas para coñecermos mais este patrimonio cultural e das cales iremos informando proximamente.
Dentro do concurso temos que presentar 10 fotografías en formato JEPG tamaño 20x25cm e resolución de 300ppp. E aquí é onde entrades as familias! Precisamos da vosa colaboración!
Desde hoxe ata o día 29 de marzo podedes enviar unha foto tirada polas vosas fillas e fillos ao correo da escola (ceip.oscasais@edu.xunta.es) ou entregala nun pendrive á titora de algún dos elementos indianos que poñemos a continuación:
2º EP:Antigo edificio do Concello de Fene (https://fene.gal/turismo/directorio/es/202), Casa Indiana na baixada á Ribeira Maniños (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/224), Casa Indiana na Estrada do Peirao en Maniños (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/225), Vivenda con galerías da Rúa Poeta Pérez Parallé en Barallobre (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/196)
3º EP: Casa da Florista (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/221), Cine Adriano (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/193), Grupo Escolar Fillos de Limodre (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/214), Vivenda de Rosendo Santiago (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/217), Igrexa de San Xosé (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/244)
4º EP: Casa da Maleta (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/186), Vivenda na Avenida Marqués de Figueroa (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/231), Casa indiana do Camiño da Oliveira (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/223), Vivenda Colonial na Porta do Sol de Fene (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/211), Grupo Escolar Curros Enríquez (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/174)
5º EP: Casa Francisco Blanco (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/203) Salón de Baile Maceiras (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/195), Casa Garabana (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/213), Casa Canosa (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/226), Campo da Festa do Pote (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/412)
6º EP: Grupo Escolar Concepción Arenal (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/208), Vila Lorenza (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/215), Vivenda Colonial Avenida Naturais de Fene (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/210), Casa da Maleta (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/186), Campo da Festa do Pote (https://fene.gal/turismo/directorio/gl/412)
O día 31 haberá unha votación popular onde as nenas e os nenos escolleran as 10 fotos que van a acompañar o proxecto.
As fotos poden ser só dos elementos indianos, ou coas familias, ou coa rapazada, tamén vos podedes caracterizar...
Intentade ser o máis creativos posible!!! E moitas grazas por participar!!!