O pasado 24 de marzo, Educación Infantil, 1º e 2º ciclo saímos de excursión a Aldea Nova.
Aldea Nova é un parque moi grande onde se aprenden cousas relacionadas coa natureza e a cultura propia de Galicia.
Visitamos unha casa antiga de labranza na que fixemos o lume na lareira e poidemos imaxinar como vivían hai máis de 50 anos.
Fixemos un taller de instrumentos musicais tradicionais e ata decoramos un colgante de madeira
Non tivemos sorte co día, chovía e facía frío. Ainda así vimos os cabalos, as ovellas, os porcos...Todos de raza propia de Galicia, incluida Aldea, a cadela de palleiro que nos acompañou todo o tempo.
Foi interesante e divertido.