Anteriormente, xa explicamos que visitaron as nosas aulas os trobadores do amor anunciando o Primeiro Certame de Poesías de Amor do Ceip " O Ramo " .
San Valentín está a punto de chegar, e a nosa mascota Cascabel quere recitar un poema o seu namorado por iso a maioría dos nenos/as do colexio axudáronlle creando preciosos poemas de amor.
Hoxe pasaron as mensaxeiras polas diferentes aulas recollendo todas as composicións.
Agora esperamos que o namorado de Cascabel disfrute con tanto arte literario. Ademáis todas as aulas participantes teran un agasallo por axudar a nosa preciada mascota.
MOITAS GRAZAS A TODOS OS NENOS E NENAS DE PARTE DE CASCABEL
E A DISFRUTAR TODOS E TODAS DO AMOR!!!