Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-24

Estimadas familias:

Mañá 1 de marzo de 2023, ábrese o prazo para solicitar praza para o vindeiro curso 2023-24 nos centros sostidos con fondos públicos en Galicia, regulado polo D 13/2022.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

        https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  2. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

O prazo remata o 20 de marzo.

Un saúdo

A dirección

AdxuntoTamaño
ManualDeUsuarioDasFamilias.pdf1.15 MB
ADMISIÓN ALUMNADO.pdf1.38 MB


page | by Dr. Radut