Skip to Content

AVISO ÁS FAMILIAS

Estimadas familias: O primeiro, agradecervos a vosa comprensión, porque os comezos de curso, son complicados e máis, co COVID.

Os mestres/as teñen problemas para empregar o abalar móvil, porque o sistema informático da Xunta, tardan en actualizalo. Nestes días, agardamos que estea solucionada dita problemática.

Comentarvos tamén, que en claustro decidiuse, que seguindo o protocolo de seguridade, a primeira reunión cas familias do cole, sexa presencial, polo que os titores poñeránse en contacto con vós, para dita reunión e trasmitirvos a información que precisedes. Moitas grazas.

Un saúdo.

O equipo directivo



page | by Dr. Radut