Skip to Content

AVISO ÁS FAMILIAS

Boa tarde:

A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. No senso de seguir avanzando, dende a Consellería de Educación, poñen en marcha a realización dunha enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

Esta sondaxe, ten por finalidade coñecer a opinión de TODAS AS FAMILIAS do cole e do ALUMNADO de 5º e 6º de primaria e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A vosa participación nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos do esforzo e da implicación de todos vós.

Mañá, os vos@s fill@s levarán unha circular, cas instrucións para respostar dita enquisa.

Grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo.

A directora



page | by Dr. Radut