Skip to Content

PROXECTO VOZ NATURA

Ola familias,

Un dos propósitos dentro do Proxecto Voz Natura de este ano é o de concienciar da necesidade de reducir e reempregar, na medida do posible, os nosos residuos, por iso vos propoñemos que participedes nesta actividade que decidimos chamala “ Estou in-love coa Reciclaxe” . Consiste na elaboración dun xoguete ou xogo feito cos vosos fillos/as con material de refugallo ( tapóns, caixas de cartón, botellas de plástico…). Para elaboralo teredes dende o xoves 18 de marzo ata o luns 19 de abril.

Enviar as vosas creacións, en formato foto ou vídeo ao email: caroldelriocole@gmail.com. Posteriormente, realizaremos unha exposición virtual a través dun vídeo coas creacións para a visualización de toda a comunidade educativa aproveitando a conmemoración do día da Terra, o 22 de abril. O obxectivo desta actividade é que os nenos/as aprendan a reutilizar e reciclar dun xeito divertido e creativo, dándolle unha segunda vida aos residuos que xeramos no día a día, e concienciando do respecto ao medio ambiente.

Animádeos a participar!

Equipo Voz natura



page | by Dr. Radut