Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 2020-2021

O 1 de marzo ábrese o prazo para solicitar praza nos centros sostidos con fondos públicos, regulado pola Orde do 12 de marzo de 2013, a Orde de 25 de xaneiro de 2017 e polo Decreto 254/2012. Aqueles que estean interesados deberán presentar no centro:

  • Anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017, que se facilitará no centro. Tamén se pode descargar da páxina web da consellería. A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais do alumno/a. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

  • Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a.

  • No caso de que o alumno/a proceda doutro centro será preciso o certificado de estudos no que conste o curso no que estivo matriculado no ano académico 2019-20.

  • Ademais, segundo a Orde de 25 de xaneiro de 2017, poderase solicitar admisión no centro educativo por vía telemática, dando cumprimento a nova lei 39/2015 de procedemento administrativo común.https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

 

O prazo de entrega das solicitudes será do 1 ao 20 de marzo.

 

Tal e como recolle a normativa actual, recordámosvos que:

 

  • Cada alumno/a so pode presentar unha única solicitude no centro onde solicita praza en primeiro lugar. De non ser así perderá os dereitos de prioridade que lle corresponden.

  • O alumnado que quere permanecer no mesmo centro ten garantida a praza nese centro. De querer cambiar de centro deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación das solicitudes de admisión.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe (remitindo copia da solicitude de admisión presentada no novo centro).

  • A zona de escolarización abrangue todo o Concello de Fene.

  • Para os alumnos/as que pasan a 1º da ESO recordarvos que estamos adscritos ao IES de Fene.

 

Os Servizos Complementarios do centro son:

- Comedor, xestionado pola consellería.

- Transporte gratuíto dende Maniños, todo Barallobre, Magalofes e Perlío.

- Ampla oferta de Actividades Extraescolares: patinaxe, obradoiro de cociña, ximnasia rítmica, ioga, teatro e baile moderno, entre outras.

- Servizo de Madrugadores, xestionados polo centro e o ANPA.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut