ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2019-2020
Estimadas familias:
Lembrámosvos que a semana de portas abertas das actividades extraescolares farase a próxima semana, do 23 ao 27 de setembro (ambos incluídos), e estará reservada exclusivamente para o alumnado matriculado no noso centro. O alumnado terá que aportar material nas actividades de patinaxe (patíns en liña) e tenis (raqueta).
As actividades extraescolares comezarán a funcionar o martes 1 de outubro de 2019. Só se poderán ofertar as actividades que acaden polo menos 8-10 alumnos inscritos. As demais actividades desaparecerán da oferta. A data límite para apuntarse é o luns 30 de setembro. Ese día publicaremos no taboleiro de anuncios do colexio, na web e no facebook o horario de actividades definitivo.
O horario de actividades da semana de portas abertas é o seguinte:
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
16:00-17:00h |
- Voz Natura -Zumba
|
-Fútbol -Ioga |
-Baile -Cociña |
-Debuxo -Multideporte |
-Iudo |
17:00-18:00h |
-Tenis -Xadrez
|
-Teatro -Robótica |
-Baloncesto |
-Patines |
-Atletismo -Ximnasia Rítmica
|
Todas as actividades teñen relación co currículum e o proxecto educativo da escola. Ademais, estas actividades coinciden coa Semana Europea do Deporte, que como sabedes se celebra do 23 ao 30 de setembro, iniciativa do Parlamento Europeo para a promoción da practica deportiva saudable nos cidadáns da Unión Europea. Este ano, o lema desta semana será #BeActive.
Especialmente, no CEIP Plurilingüe O Ramo, imos celebrar entre todos o día 27 de setembro, día Europeo do Deporte Escolar (#ESSD2019), buscando alcanzar ese día 120 minutos de actividade física, como broche final desta Semana Europea do Deporte. Así, inaugurará a nosa milla escolar unha deportista de élite, que nos contará a súa experiencia. Tamén, inauguraremos o noso rincón de baile e teremos algunha que outra sorpresa preparada.
#BeActive #somosactivos #Galiciasaudable