Skip to Content

BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO 2019/20

 

BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO 2019/20

Estimadas familias, alumnas e alumnos:

O curso 2019/20 comeza xa, e aquí vos agardamos con entusiasmo para comezar a traballar nun curso que, sen dúbida, será apaixonante.

Informámosvos dalgúns aspectos importantes a ter en conta:

INICIO DE CURSO

O curso comeza o mércores 11 de setembro.

O horario  de educación primaria será de 9:30 a 14:30 h.

O horario de educación infantil será de 9:30 a 14:20 h., agás o alumnado de 4º de educación infantil que comezará co período de adaptación.  

As reunións iniciais coas titoras serán o martes 17 de setembro ás 16:30h.

MATERIAL ESCOLAR

O material do alumnado de educación infantil o aportará o centro.

O alumnado de educación primaria poderá levar un estoxo para o primeiro día de clase e na reunión coas titoras informarase do resto de material que deberán traer.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Os servizos de madrugadores, transporte e comedor e comezarán a funcionar dende o primeiro día de clase (mércores 11 de setembro de 2019).

As actividades extraescolares (incluíndo a Ludoteca) comezarán a funcionar  o martes 1 de outubro de 2019. A semana de portas abertas farase a semana do 23 ao 27 de setembro (ambos incluídos) e estará reservada exclusivamente para o alumnado matriculado no noso centro.

AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO (NEAE)

Está aberto o prazo de solicitude de becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

O prazo finaliza o 26 de setembro de 2019.

Toda a información sobre a convocatoria está na páxina web do Ministerio de Educación e FP.

CONSULTAS

Na nosa web tedes cumprida información dos servizos, filosofía e plans do centro. Para calquera dúbida podedes utilizar o noso correo: ceip.oramo@edu.xunta.gal, os teléfonos 881930137/38 ou acudir á Secretaría ou Dirección do centro.

O horario de atención do ANPA será os luns de 9:30 a 10:00 h. e de 16:00 a 16:30 h. durante os meses de outubro, novembro e decembro.

 



page | by Dr. Radut