Skip to Content

FONDO LIBROS E AXUDAS LIBROS

Estimadas familias:

Acaba de saír a resolución do 9 de maio de 2018 pola que se regula:

- A participación nas Axudas a Libros, destinada para os cursos de e de Educación primaria, coa cal poderedes optar a un cheque, para a compra dos libros do próximo curso de 90 euros, no caso de familias cunha renda per cápita superior a 5400 euros e inferior a 9000 euros, ou de 170 euros no caso de familias cunha renta per cápita inferior a 5400 euros.

O alumnado en situación de garda e/ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior a un 65% optará a máxima axuda con independencia da renda.

- A participación en Fondo Libros, destinada para os cursos de , , e de Educación Primaria, coa cal poderedes optar a un préstamo de 4 libros, no caso de familias cunha renda per cápita superior a 5400 euros e inferior a 9000 euros, ou de 6 libros no caso de familias cunha renta per cápita inferior a 5400 euros.

O alumnado en situación de garda e/ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior a un 65% optará a 6 libros con independencia da renda.

- Axudas a material escolar, mediante cheque de 50 euros, esta axuda está destinada aos alumnos matriculados en primaria, con familias con renda per cáptita inferior a 5400 euros.

 

Para optar as axudas deberedes presentar o impreso  ED330B, que remitiremos dende o centro, na secretaría, coma sempre ou por sede electrónica. Se tedes algunha dúbida atenderémosvos coma sempre en secretaría ou dirección.

 

RECOMENDAMOS QUE TODAS AS FAMILIAS QUE VAIAN A TER ALUMNOS EN PRIMARIA O VINDEIRO CURSO 2018/19 SOLICITEN O FONDO LIBROS, XA QUE ADEMAIS ASÍ OPTARÁN AS AXUDAS COMPENSATORIAS QUE PROPORCIONA O CENTRO, CANDO A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U NON O FAGA.

DATAS E REQUISITOS: 

Prazo límite para presentar a solicitude a FONDO LIBROS E AXUDAS LIBROS ata o 22 de xuño de 2018.

Entrega dos libros de 3º, 4º, 5º e 6º de EP: As familias de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria que obtiveran préstamo de libros de texto, deberán entregalos antes do 21 de xuño de 2018, coma data límite. Este é un requisito imprescindible para poder optar ao Fondo de libros de Texto e as Axudas a material escolar do próximo curso 2018/19. Quedan excluídos desta obriga as alumnas e alumnos que presenten unha discapacidade igual e ou superior a un 65%. Os libros deberán estar nun bó estado, o desgaste polo normal uso non se entende coma desperfecto.

A recollida de libros de texto, no caso de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, para o vindeiro curso 2018/19 realizaráse a partires do 10 de setembro de 2019.

O cheque de Axudas a material de 50 euros, poderáse cobrar coma data límite, o 5 de abril de 2018. Este cheque deberá cobrarse integro de unha soa vez e nunha única tenda, non poderá fraccionarse.

As listaxes de admitidos e excluídos provisionais de FONDO LIBROS sairán na web e taboleiro do centro, coma data límite o 12 de xullo de 2018, habendo 2 días hábiles de reclamación e as listaxes definitivas sairán o 20 de xullo de 2018.

COMPATIBILIDADE:

Optar a estas axudas e fondo é compatible con outras as que podades optar.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

En secretaría ou sede electrónica ata o 22 de xuño de 2018, cando remata o prazo.

 

APORTACIÓN E POLÍTICA DO CENTRO:

O CEIP Plurilingüe O Ramo, de acordo co establecido no seu PE, aprobado en Claustro e Consello Escolar o día 23 de xaneiro de 2018, APORTARÁ:

- Os libros ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, que queden fóra do Fondo Libros que realiza a administración. Para esto é fundamental facer a solicitude de participación no Fondo antes do 22 de xuño de 2018.

- O material escolar para o alumnado de Educación Infantil necesario para a súa formación ao longo da súa estancia nesta etapa.

Estas axudas do centro desenvolveránse sempre que a dispoñibilidade económica do centro o posibilite. Esta política é unha liña prioritaria para o mesmo.



page | by Dr. Radut