Skip to Content

SAMAÍN E MAGOSTO 2017

Este ano celebramos un Samaín moi especial. Demos importancia a orixe do Samaín,e a nosa terra Galega coma parte da súa procedencia, fixemos as cabazas conxuntamente nas aulas, en equipo... e expuxémolas no noso Salón de Actos... cunha pequena sorpresa: todo o que quixera ir visitalas debería de pasar polo túnel do terror¡¡¡¡(Un túnel moi divertido ). Asamos castañas, e tivemos visitas moi especiais... de amigos, compañeiros....

 

Os nenos fixeron as súas cabazas de Samaín, na clase... traballamos a potencialidade artística, motricidade fina, creatividade... mergullámonos nesta fermosa tradición Galega e da nosa escola...

 

Mirade a nosa xenial exposición de cabazas de todos os tipos...

Polo túnel do terror tiveron que pasar, para a exposición de cabazas poder contemplar...

Despois fixemos xogos cooperativos...

Os nenos e nenas de primaria xogaron cos chanzos grandes...

E as nenoas e nenos de infantil con chanzos mais pequenos e adaptados...

Xogos tradicionais coma a comba...

 

 

 

E como non...a nosa festa especial, tradicional e que gaña mais peso e emoción cada ano non pode rematar sen o descenso de carrilanas que fixeron os nosos nenos e nenas e miraron con emoción as familias...

 

 

E como non...na nosa maravillosa escola o Samaín ven acompañado do magosto e a degustación de castañas que nos mesmos preparamos....Bo proveito e grazas a todos e todas por vir e pasalo tan ben¡¡¡



page | by Dr. Radut