O día 26 inauguramos o programa de fomento da vida saudable móvete máis e aliméntate mellor, con este programa tentaremos poñer o noso graíño de area para contribuir a inculcar no noso alumnado un estilo de vida sano marcado polo fomento do deporte e os seus valores e a importancia de unha nutrición equilibrada. O programa constará de:
- Fomento de actividade física en horario lectivo e non lectivo.
- Charlas impartidas por contrastados persoaxes do mundo do deporte que falen da importancia deste hábito, así como da importancia do esforzo, a motivación e a vontade.
- Charlas impartidas por profesionais da saúde, sobre nutrición e habitos de vida sanos
- Entre outros aspectos...
Este luns para abrir o programa contamos coa presenza do pentacampeón de triathlón Javier Gómez Noya, que impartiu unha charla sobre a importancia do deporte, da boa nutrición e do esforzo na vida para conseguir as nosas metas.
Disfrutamos e aprendemos moitísimo¡ Coma sempre...
Javier falou da súa experiencia coma deportista e a necesidade de traballar e esforzarse na vida, o cal non é incompatible co esforzo...
Javier inaugurou a milla escolar e deu consideracións técnicas sobre como facer isto aos nosos nenos...
Inauguramos a milla escolar.....
Lembramos un dos nosos principais valores.... Somos un equipo¡¡¡
E para rematar... Javier estivo con nos nas clases e coñeceu de primeira man o noso proxecto educativo...
Foi un día para lembrar na vida da nosa escola.... GRAZAS JAVIER polos teus ÁNIMOS e COÑECEMENTOS¡¡¡