Skip to Content

FONDO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

A Orde de 27 de abril de 2016 regula o fondo e axudas de libros de texto e materiais para o curso 2016/17 (DOGA de 16 de maio de 2016).

Este curso xunto coa solicitude de Fondo de libros de texto (destinada a alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP) e de Axudas de libros de texto (destinada a alumnado de 1º e 2º de EP) solicítase simultáneamente as axudas de material escolar. O prazo de presentación de solicitudes na nosa escola vai dende o 22 de maio de 2016 ao 23 de xuño de 2016, día tope.

Destacar tal e como se estableceu o pasado curso, para acceder ao Fondo de libros de texto deberánse de entregar os libros que foron obxecto de axuda e fondo en perfecto estado de conservación, en concreto, dos cursos de 3º, 4º,5º e 6º de EP. A data de entrega dos libros será do 17 de xuño ao 23 de xuño de 2016.

Para o acceso ao Fondo de libros e Axudas de libros de texto haberá que ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros e para acceder as axudas para material escolar deberáse xustificar unha renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros .

RECOMENDAMOS que todas as familias (de 3º,4º,5º e 6º) solicitedes o Fondo de libros de texto polo amplo banco de libros que dispón o centro.

En breve completaremos esta información cunha circular informativa.

Recibide un cordial saúdo.

 



page | by Dr. Radut