O día de "Portas Abertas" visitamos a exposición que temos no hall da escola e que foi cedida polo IES "Fernando Esquío" de Neda .
Despois os/as alumnos/as de 6º fixeron unha recreación escénica relacionada con dita exposición : "Das cavernas á rede".
Pedro Allegue, empregado da Imprenta "San Estebán" de Perlío falounos sobre a evolución da imprenta . Agradecemos dende aquí a súa colaboración e a súa invitación para visitar a súa imprenta.
Por último fixemos diferentes obradoiros de escritura (pizarra e caligrafía , mecanografía , a multicopista e a vietnamista , escritura en plastilina e un diario para O Ramo).
Ademáis de aprender e pasalo ben os nenos/as recibiron un agasallo por participar de maneira activa nos diferentes obradoiros .