O Colexio de Educación Infantil e Primaria “O Ramo” pertence á rede pública da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O centro está situado no lugar de O Ramo, da parroquia de Barallobre. Atende a alumnado de infantil e primaria (3-12 anos) que procede fundamentalmente da área xeográfica máis próxima.
Consta dun edificio principal situado en Pablo Ares Feal, 28 (Barallobre) e outro edificio escolar no Souto Grande, 9 (Barallobre).
O recinto escolar do Ramo presenta as seguintes características:
- Superficie total do solar: 7.560 m 2
- Zona de recreo, arborado e xardín: 4.995 m 2
3. Edificio principal de catro plantas:
-Planta semisoto: Ximnasio
-Planta baixa: na que se sitúan as dependencias administrativas (dirección, secretaría, conserxería), biblioteca, departamento de orientación, salón de actos, ludoteca e locais complementarios.
-Planta primeira: sala de audiovisuais, aulas de Ed. Infantil, 1º Ciclo de Ed. Primaria e 3º, aula de psicomotricidade, de plástica e aula de pedagoxía terapéutica.
-Planta segunda: onde se sitúan as aulas de 4º e 3º Ciclo de Ed. Primaria, informática, laboratorio, música e danza, idiomas e relixión.
4. Edificio Souto Grande
Dende hai varios anos a xornada escolar está establecida en sesión única de mañá (9:30 - 14:30 h.). Polas tardes desenvólvese un programa de actividades extraescolares (16:30 –18:30 h.) de luns a venres, programadas e organizadas polo Claustro e a ANPA do Centro.
Anexo ó recinto escolar está o pavillón polideportivo municipal do "Ramo", onde se realizan as clases de educación física e tódalas actividades deportivas en horario escolar.