Estimadas familias,
O 20 de xuño de 2023, ábrese o prazo para a matrícula do alumnado de 4º de educación infantil e para o alumnado, doutros centros con traslado de expediente. O período remata o 30 de xuño.
En archivo adxunto, tedes o documento que hai que presentar no centro, xunto coa seguinte documentación:
- 3 fotos tamaño carnet
- Certificado médico de non padecer ningunha enfermidade infecto-contaxiosa e de ter administradas todas as vacinas que lles corresponden por idade.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Copia do libro de familia, onde apareza o alumno ou alumna.
- Padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven con el/ela.
Calquera dúbida, contactar co centro no 881930136/881930137
Un saúdo
A dirección
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO III. MATRÍCULA 2023-24.pdf | 182.08 KB |