Eventos
Día festivo e non lectivo en toda a Comunidade, na que este ano se adica a Uxío Novoneyra.
Elexido polo Claustro e posto en común cós demáis centros do Concello como día non lectivo, tendo en conta o calendario escolar establecido pola Consellería.
Con axuda dos mestres Xoán e Carmen elaboramos a alfombra floral conmemorativa das letras galegas, este ano adicada ós contos. Ademais fixemos un gran mural con tarxetas nas que escribimos aquelas palabras que máis nos gustan en galego;toda a comunidade escolar participou nesta actividade.
As profes Rosa e Rebeca axudáronnos a construir o noso maio con moito fiuncho, flores e cascas de ovos.
En Soutogrande tamén elaboraron un maio e unha alfombra de flores.
Celebramos a semana das Letras Galegas cun festival,no que recitamos poemas de Uxío Novoneyra,os nenos/as de 3º de Primaria representaron unha obra de teatro; e logo no patio cantamoslle ó maio, e rematamos có himno galego.
Os nenos/as de infantil acudirán ö Parque de Educación Viaria de Barallobre.