ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS DO MEC PARA ALUMNADO CON NEAE
O día 18 de maio de 2022 publicouse a convocatoria para solicitar axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Poderán pedirse desde o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022
Neste enlace poden acceder á convocatoria e obter información resumida nesta ligazón.
As axudas para o curso 2022/2023 están dirixidas a persoas que presenten unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións: discapacidade, Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe; Trastorno do espector autista e altas capacidades.
As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet neste enderezo , imprimir o formulario en formato pdf e presentalo no centro no que se vaian seguir estudos no curso 2022/2023.