Comedor escolar
Obxectivos xerais do comedor escolar
1. Desenvolver e fomentar hábitos alimentarios saudables dende a escola, educar nutricionalmente, ensinar un comportamento social e ser centro de desenvolvemento de habilidades e de convivencia.
2. Cubrir unha parte importante das necesidades nutricionais dos nenos, proporcionando menús escolares saudables. As outras comidas do día deben achegar o resto das cantidades axeitadas de enerxía e de macro e micronutrientes, que permitan un bo estado de saúde e un crecemento óptimo durante a idade preescolar, escolar e adolescente.
3. Proporcionar unha alimentación variada para garantir a inxestión suficiente e adecuada de nutrientes e enriquecer a capacidade de adaptación do neno ós diferentes alimentos, sabores e texturas.
4. Educar á familia a través dos hábitos dietéticos adecuados dos nenos e involucrala no programa do comedor escolar.
5. Favorecer a integración do profesorado no proceso de educación nutricional na escola.
Normas hixiénicas no comedor
1. Lavar as mans antes de comer.
2. Manter unha postura correcta e unha actitude relaxada.
3. Comer sen présas. Aconséllase que o tempo necesario para comer non sexa inferior a 20 minutos.
4. Mastigar ben.
5. Beber durante a comida.
6. Saber utilizar os cubertos.
7. Utilizar o pano de mesa sempre que sexa necesario.
8. Evitar falar coa boca chea, pero si conversar cos compañeiros nun ton axeitado.
9. Manter limpa a mesa.