Skip to Content

PERCEGA

Hoxe, o alumnado de 4º a 6º de primaria participou nun taller para poñer en valor os oficios ligados ao mar e concienciar sobre a importancia de traballar, emprender, innovar e coidar os municipios da zona. 

Renovación consello escolar

Recreos saudables

Arrincamos os Patios Deportivos!

Comprácenos anunciar que hoxe damos inicio a unha emocionante actividade para o noso alumnado: os Patios Deportivos. 

En que consiste? 

• Actividade voluntaria para disfrutar durante os recreos

• Xogos pre-deportivos e deportivos para o alumnado de primaria

Os nosos obxectivos: 

- Promover a práctica de diferentes deportes 

- Fomentar a convivencia entre o alumnado

- Impulsar o traballo en equipo 

Animamos a todos e todas a participar e gozar desta fantástica oportunidade para manterse activos, facer amigos/as e desenvolver habilidades deportivas! 

Que é a logopedia?

Hoxe visitounos a mamá de D. Veu a contarnos que é a logopedia, que fan os logopedas, con que persoas traballan... e moito máis. Ademais, fíxonos uns xogos moi divertidos. Foi unha xornada de moita aprendizaxe. Moitas grazas Cristina.

Primeiros días de EI

Xornadas tenis de mesa

Período de adaptación

Primeiros días do noso alumnado de 4º de EI na escola. Que ben o están pasando. Son uns valentes!

Calendario escolar 24-25

Período de adaptación 4º EI

PDI curso 24-25

Xa temos novo PDI para o curso 24-25. Nesta ocasión versará sobre Camariñas e a tradición popular.

Distribuir contido


by Dr. Radut