Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2021/22

 

NORMA: ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2021).

 

DESTINATARIOS:

- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO; cursos nos que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2020/21.

- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específicas de apoio educativo –NEAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude. - Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

- O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2021/22 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN.

Ademais da presentación presencial no centro, igual que no curso anterior, os cidadáns poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación). O centro deberá acceder ao menú “Solicitudes”, submenú “Xestión de solicitudes” e premer no botón “Rexistrar solicitude xerada en fondolibros” e introducir o número que figura na parte superior dereita da solicitude, así como a data de presentación no centro. Deste xeito accédese a solicitude para validala.

Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.

 

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

- ANEXO I debidamente cuberto.

- DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA: Para o alumnado de EP e ESO

  1. Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar.

- Para os seguintes documentos si a persoa solicitante e/ou os membros computables se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustificativos:

DNI ou NIE

Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia

Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%)

- Para a declaración do imposto sobre as persoas físicas ou, a falta deste, o certificado deatributación de imputacións do exercicio 2019 será necesario o consentimento expreso. No caso de non autorizar a consulta deberán achegar os documentos xustificativos.

  1. Se o solicitante posúe DNI ou NIE:

Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. Excepcionalmente, no caso de que o solicitante careza de DNI ou NIE, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.

Certificado ou volante de convivencia. ◦ Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

  1. Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

  2. Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

  3. Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.

  4. Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

  5. Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE.

 

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut