Venres 13 de novembro de 2020
Participación no procedemento de distribución de máscaras.
ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.
DESTINATARIOS/AS: Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado de primaria beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. A concesión das máscaras é automática. Informaremos da xestión da entrega das mesmas na web.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado de primaria que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. (Datos da renda e familiares do ano 2018)
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
2) Prazo e forma de presentación
*Cita previa para entregar a axuda no centro: 881880310
*Horario de secretaría: 9:30 - 10:20
*Prazo de entrega: Do luns 16 ata o venres 27 de novembro. Ambos inclusive.
- A solicitude será única para os fillos/-as matriculados en educación primaria.
- Presentación no centro (non hai outras opcións posibles)
- Informaremos na web da publicación da resolución provisional, a consulta terá que ser presencial. Non nos permiten poñela na web nin en outros espazos dixitais.