Skip to Content

Circular 1. Consellos Escolares

Comunicámosvos que o vindeiro XOVES, día 3 de novembro, terá lugar o sorteo para elixir os integrantes da Xunta Electoral que xestionará as eleccións do curso 2022/2023 para o Consello Escolar.

A Xunta Electoral será a encargada da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar e que estará integrada polo director do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal e un representante do persoal de administración e servizo designados os tres últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.

Dito sorteo terá lugar o citado día 3, ás 12:35 horas na entrada do edificio principal do colexio CEIP  O Areal de Camariñas.



blog | by Dr. Radut