Saltar navegación.
Inicio

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

EDUCACIÓN INFANTIL - NORMAS / MATERIAL

 

Material necesario que debe ter o alumnado

Os nenos cando se incorporan ao colexio e continúen nel deberán traer obrigatoriamente:

  1. Un mandilónDito mandilón deberá ter botóns para traballar a motricidade fina (abrochando e desabrochando), unha cinta para poder colgalo no percheiro con facilidade e o seu nome, en MAIÚSCULAS, na parte de diante e grande para se poida ler con facilidade.
  2. Un vasoDebe ser de plástico, con asa para poder colgalo no percheiro da merenda e co seu nome posto, en MAIÚSCULAS.
  3. Unha toalla de mansCon cinta para poder colgalo no percheiro e co seu nome posto nela.
  4. Unha bolsa de teaCon cordel para que se poida colgar no percheiro e co seu nome posto nela, en MAIÚSCULAS.
  5. Chándal, tenis de velcro e calcetíns antideslizantes, para o día que teñan psicomotricidade.
  6. Un farrapo para música nos cursos de 6º EI (5 anos) 

IMPORTANTE

Cando traian outras cousas puntuais e/ou roupa, é importante que teñan nome tamén. Para facer isto pódese rotular nas etiquetas inferiores das prendas.

                                                   

Normas e consideracións que se deben ter en conta

As normas deben ser cumpridas obrigatoriamente e agradécese a vosa colaboración, así como tamén, o ter en conta as seguintes consedaracións que facilitan unha boa convivencia no centro:

  • As familias non poden entrar no centro durante o horario escolar. Cando toca o timbre, ás 9.15, o alumnado entra coas titoras e/ou os seus mestres  as súas clases. Deixarase un marxe de 10 minutos, ata ás 9.25 para que o alumnado entre á clase na porta de Infantil. A partir das 9.25, OBRIGATORIAMENTE deberá agardar na secretaría do centro. Non se pode deixar ós nenos que entren sós cando pase das 9.25:
  1. Porque é unha norma de centro.
  2. Porque pode suceder que os seus compañeir@s non se atope na súa aula ordinaria co mestre e/ou titor, quedando só e sen vixianza.
  • Os alumn@s serán recollidos por persoas das que se teña coñecemento previo. No caso de que sexa outra persoa por algún impedimento ou imprevisto, avisade personalmente ou ben por teléfono.

 

  • Non taer ao neno á escola cando está mal de saúde, e menos cando hai un peligro de contaxio.

 

  • Cando teñades que recoller a un nen@ antes da saída debedes pasar por secretaría e cubrir un impreso. E se volve no mesmo día ao colexio, hai que respectar os cambios de sesións. Se isto non sucede, quedará na secretaría convosco ata o cambio. (Ver horario do centro cos cambios de sesións no apartado de Centro desta páxina web)

 

  • Procurade que os nenos:
  1. Traian roupa cómoda que lles permita mobilidade e facilidade para a súa autonomía. E que as mangas da súa roupa se poidan subir e baixar con facilidade e para que estean cómod@s na realización das actividades.
  2. Descansen ben, é dicir, axustar o seu horario de sono. Repercute no seu rendemento escolar e nos seus estados de ánimo.
  3. Revisar os mandilóns por se lles falta botóns, bolsas e bolsillas por se levan ou traen obxectos e/ou notas.

 

A merenda

Consideramos o momento da merenda como un momento pedagóxico-didáctico, polo que se organiza deste xeito:

1. Luns: Libre

2. Martes: Froita

3. Mércores: Bocadillo

4. Xoves: Froita

5. Venres: Galletas

Distribuir contido