CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS
Campionato Provincial de Campo a Través
Le o que nos conta Lúa
O pasado sábado 22 de Febreiro de 2014 tivo lugar no Camping de A Guardia, o Campionato Provincial de Campo a Través.
Foi unha xornada na que do Ceip Plurilingüe e Abalar Nº2 de Tui, participaban varios alumnos:
- Nuria Romero de 6ºB participou na Categoría Infantil Feminina acadando un explendido posto número 22.
- Martín Sestelo Solla de 3ºC, participou na Categoría Benxamín Masculina acadando un meritorio octavo posto.
- Polo Club Atletismo Tui-Thermalia, participaban os irmáns Lucía Portela de 5ºB e Telmo Portela de 2ºB. Lucía proclamouse Campeona Provincial con clara vantaxe sobre a segunda clasificada, isto permite que Lucia estea presente no vindeiro Campionato Galego.
- Polo Club Atletismo Porriño, participaba o alumno de 4ºB Diego Rodríguez, que fixo unha gran carreira.
A nosa noraboa a todos os atletas participantes
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Texto.pdf | 2.73 MB |