Skip to Content

Aula de 4ºB de EP en corentena

 

Informamos que, seguindo as instruccións de Sanidade, e conforme ao Plan de Adaptación ao Covid-19 e ao Plan de Continxencia do Centro, queda en corentena a aula de 4º B de EP.

A día de hoxe hai dous casos positivos confirmados por PCR nas aulas de 4º EP, pero soamente se confina a aula de 4º B.

 

A corentena será ata o 17 de novembro, puidendo asistir ao centro o día 18 sempre que non haxa síntomas.

 

En setembro xa tivemos que vivir unha situación semellante co peche dunha das aulas de 3 anos, que por sorte so quedou nun caso positivo. 

 

 Insistir novamente no cumprimento de medidas de hixiene, seguridade e distancia, as cales son necesarias na loita contra o virus.

Transmitimos tranquilidade ante unha circunstancia deste tipo conforme aos tempos que nos toca vivir.

Moito ánimo

 

Nota informativa familias

 

Recordade que no apartado COVID-19 desta páxina web podedes consultar tódolos documentos relacionados coa mesma, tanto do centro como os publicados pola Xunta. 



page | by Dr. Radut