Aula de 4ºB de EP en corentena
Informamos que, seguindo as instruccións de Sanidade, e conforme ao Plan de Adaptación ao Covid-19 e ao Plan de Continxencia do Centro, queda en corentena a aula de 4º B de EP.
A día de hoxe hai dous casos positivos confirmados por PCR nas aulas de 4º EP, pero soamente se confina a aula de 4º B.
A corentena será ata o 17 de novembro, puidendo asistir ao centro o día 18 sempre que non haxa síntomas.
En setembro xa tivemos que vivir unha situación semellante co peche dunha das aulas de 3 anos, que por sorte so quedou nun caso positivo.
Insistir novamente no cumprimento de medidas de hixiene, seguridade e distancia, as cales son necesarias na loita contra o virus.
Transmitimos tranquilidade ante unha circunstancia deste tipo conforme aos tempos que nos toca vivir.
Moito ánimo