CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, CONTAMOS CUNHA VISITA MOI DIVERTIDA E INTERESANTE.
FIXEMOS UNHA VIAXE POLO MUNDO Ó RITMO DAS MAIMIÑAS. SAÍMOS DE SANTIAGO, FOMOS ÁS MONTAÑAS DE SUÍZA, FIXEMOS UN DIVERTIDO SAFARI, CRUZAMOS O OCÉANO ATLÁNTICO E ATA CHEGAMOS A NUEVA YORK!
A XOGAR!!! OS NENOS E NENAS ESTABAN DESEXANDO QUE CHEGASE A SAÍDA Á INDIANA BILL. UNHA SAÍDA LÚDICA NA QUE APROVEITAMOS PARA ACHEGARNOS MÁIS AFECTIVAMENTE A CADA NENO E NENA, DISFRUTAMOS DE MOMENTOS DE XOGO, ALEGRÍA REBOSANTE CON ESOS SORRISOS E CLARO … INSISTEN TANTO QUE AS PROFES TAMÉN SE TIRAN CON ELES POLOS TOBOGÁNS, POLO TANTO SON MOITOS OS ASPECTOS POSITIVOS: MOTRICIDADE, AFECTIVIDADE, CONVIVENCIA, EMOCIÓNS…E MOITA DIVERSIÓN!!.
BÚSQUEDA DE OVOS DE CHOCOLATE UNHA COELLIÑA MOI ESPECIAL ESCONDEU RIQUÍSIMOS OVOS DE CHOCOLATE POLO PATIO DA ESCOLA, E A BÚSQUEDA FOI TODO UN ÉXITO, NON DEIXARON NINGÚN RECUNCHO POR INSPECCIONAR. E DESPOIS DA BÚSQUEDA…UMMM A COMER!
NON HAI NENO QUE SE RESISTA AO CHOCOLATE E SE XUNTAMOS CHOCOLATE CON DIVERSIÓN O ÉXITO ESTÁ ASEGURADO.