Saltar navegación.
Inicio

Blog infantil

Por eli
19/10/16

LÚA ENTREGOUNOS UN PERGAMINO PARA CUMPRIR CUN GRAN ENCARGO: DISEÑAR UN "LOGO" PARA O NOSO LEMA "COAS NOSAS MANS O TEU SORRISO". OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL COMEZAMOS A PENSAR, A FACER DEBUXOS, A ESCRIBIR PALABRAS E OCURRÍRONSENOS GRANDES IDEAS. CANDO SOUPEMOS COMO QUERÍAMOS O NOSO LOGO PUXÉMONOS MANS A OBRA PARA CREALOS. 

                    

 

 

Etiquetas:
Por noelia
13/10/16

ESTABAMOS NAS AULAS TRABALLANDO, CANDO A PROFE ROSA CHAMOU A NOSA PORTA CUNHA MENSAXE DE LÚA. QUERÍA QUE PARTICIPÁRAMOS NUNHA BÚSQUEDA DO TESOURO, E ACEPTAMOS ENCANTADOS. DEUNOS UNHA CHAVE, QUE CONTIÑA UNHA PISTA, E QUE NOS LEVABA A DIFERENTES LUGARES DO CENTRO EN BUSCA DE MÁIS PISTAS: SECRETARÍA, INVERNADOIRO, AREEIRO...

A ÚLTIMA DAS PISTAS, PEDÍANOS QUE LEVÁSEMOS O AGASALLO QUE LÚA NOS DERA A UNHA ZONA DO COLE. UNHA VEZ ALÍ, DÉMONOS CONTA DE QUE NOS ESPERABA UNHA CLASE DE PRIMARIA, QUE TIÑA O MESMO AGASALLO CA NÓS. 

ABRÍMOLOS E PUXÉMONOS A COMPARAR AS PEZAS. DÉMONOS CONTA, QUE TÓDOLOS ANACOS TIÑAN ESCRITO O MESMO NÚMERO, POLO QUE INTENTAMOS FORMAR O "PUZZLE". AS PEZAS ENCAIXABAN, E UNHA VEZ FORMADO DÉMONOS CONTA QUE ERA UNHA... TELLA. CON MOITO COIDADO LEVÁMOLA PARA PEGAR OS ANACOS E ASÍ PODER LEVARLLA A LÚA.

 

 

 

ENTRAMOS NA BIBLIOTECA, ENSINARLLE O NOSO DESCUBRIMENTO A LÚA, A CAL SE PUXO MOI CONTENTA.

COMO RECOMPENSA A TODO O TRABALLO, DEUNOS AS MOCHILAS VIAXEIRAS PARA LEVAR PARA AS AULAS, E UN PERGAMINO... O CAL CONTIÑA UNHA IMPORTANTE MENSAXE.

 

     

 

Etiquetas:
Por noelia
27/09/16

 

 

 

FAI UNS DÍAS, AO CHEGAR ÁS AULAS, ATOPÁMONOS CUN AGASALLO DE LÚA. ABRÍMOLO E DENTRO TIÑA UNHA NOTA E UNS ANACOS DE ALGO...

A NOSA AMIGA NON NOS DEU MÁIS PISTAS, POLO QUE NOS PUXEMOS DE SEGUIDO A INVESTIGAR SOBRE QUE PODÍA SER. PEDRAS? ANACOS DE LADRILLO, DE TELLA?... NON O TEMOS MOI CLARO.

ASÍ QUEDARON ALGÚNS TRABALLOS, DESPOIS DE TOCAR E OBSERVAR DETIDAMENTE AS PEZAS DO "PUZZLE". 

ESPERAMOS TER MÁIS PISTAS PARA PODER ADIVIÑAR DE QUE SE TRATA... TEREMOS QUE AGARDAR.

 

 

 

 

 

Etiquetas:
Por noelia
26/09/16

NO NOSO COLE, HAI UN MONTÓN DE LETREIROS CO LEMA "COAS NOSAS MANS, O TEU SORRISO"

ESTAMOS MOI INTRIGADOS, PORQUE NON SABEMOS QUEN OS PUXO, NIN PARA QUE.

TEREMOS QUE AGARDAR E SEGUIR MOI ATENTOS...

 

 

 

 

 

Etiquetas:
Por noelia
26/09/16

XA ESTÁ AQUÍ O CURSO  2016-2017.  DE SEGURO QUE NOS AGARDARÁN UN MONTÓN DE  SORPRESAS E BOS MOMENTOS XUNTOS.

Etiquetas: