I Feira da Cabaza nas distintas parroquias ao longo do mes de outubro en Tui
EXPOSICIÓNS,DEMOSTRACIÓNS GASTRONÓMICAS, VISITAS GUIADAS...
Ao longo de todo o mes de outubro se vai celebrar no municipio tudense a I Feira da Cabaza con exposicións en moitas das parroquias tudenses e rutas de sendirismo guiadas: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns acolllerán de forma simultánea e paralela ao longo do mes de outubro exposicións de cabazas e actividades relacionadas con este produto da man de asociacións culturais e veciñais en cada unha delas. Unha mostra de produtos que irá medrando semana a semana, e na que se poderán ver múltiples variedades de cabazas, e algunhas de gran tamaño.
A Feira pecharase o sábado 30 e o domingo 31 de outubro en Tui centro cunha gran exposición e venda de cabazas e actividades paralelas con obradoiros tanto para público infantil coma adulto. Tamén cada fin de semana continuarán as visitas guiadas a pozas e regadíos nas parroquias que leva a cabo o club AndaTui.
Nas rutas previstas visitarán boa parte das pozas e regadíos existentes en cada parroquia para explicar a importancia que tiñan no cultivo da cabaza.
A feira está organizada pola Asociación Veciñal Monte do Seo de Areas, Comunidade de Montes de Baldráns, Asociación Sociocultural e deportiva a Insua de Caldelas, Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Aloia de Pazos de Reis, Asociación Sociocultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro, Pancho Cultural de Randufe, e Asociación Cultural San Fins de Rebordáns, contando coa colaboración do Concello de Tui.
Dende o cole queremos unirnos a esta iniciativa e facer a nosa propia exposición de cabazas.
I Feira da Cabaza
LUGARES DE EXPOSICIÓN
- Areas - Centro Cultural
- Baldráns – Casa da escola
- Caldelas – Multiusos da Comunidade de Montes
- Guillarei – Centro Cultural
- Paramos – Local no Monte das Penizas
- Pazos de Reis – Centro Cultural
- Pexegueiro – Centro Cultural
- Randufe – Pancho Cultural
- Rebordáns – Centro Cultural
RUTAS de Sendeirismo GUIADAS
- Sábado, 2 de outubro ás 10 h. Paramos. Saída dende o Alto das Penizas
- Domingo, 3 de outubro ás 10 h. Caldelas. Saída dende o local da Comunidade de Montes na ribeira
- Sábado, 9 de outubro, ás 17 h. Guillarei. Saída dende o casa cultural
- Domingo, 10 de outubro, ás 10 h. Rebordáns. Saída dende a casa cultural
- Martes, 12 de outubro, ás 10 h. Randufe. Saída dende o adro da Guía
- Sábado, 16 de outubro, ás 17 h. Pazos de Reis. Saída dende casa cultural no Anxo
- Domingo, 17 de outubro, ás 10 h. Pexegueiro. Saída dende a casa cultural
- Sábado, 23 de outubro ás 17 h. Baldrans. Saída dende a casa cultural
- Domingo, 24 de outubro, ás 10 h. Areas. Saída dende a casa cultural
- Domingo, 31 de outubro, ás 10 h. Tui centro. Saída dende o Paseo da Corredoira.
Máis información na web do Concello de Tui.