Rúa Canónigo Valiño, s/n,

 36700 Tui, Pontevedra

TELÉFONO: 886 110 812

TELÉFONO/FAX: 

886 110 813

MÓBIL: 658 227 318

ceip.numero1.tui@edu.xunta.es

Navegación

Iniciar sesión

Comedor escolar

O NOSO COMEDOR

O colexio ofrece servizo de comedor xestionado polo ANPA a través do servizo de catering  "Calidus".
Durante este curso o prezo por día é de 5,50 € para socios do ANPA e de 8,00 € para non socios. 

 

O servizo de comedor iniciase ás 14:10 horas (ao finalizar as clases)  e remata ás 16:00 horas, cando comezan as actividades extraescolares.

 

Para descargar a folla de inscrición para usuarios do comedor prema aquí

  

 Correo electrónico: diomedestui@yahoo.es

 

 

 

 

 

 

 

Comedor escolar




O comedor escolar, é un servizo
complementario, de carácter educativo que o Centro oferta a toda a comunidade
educativa cunha doble finalidade:

 

- Servizo complementario que a sociedade
actual demanda co fin de conciliar a vida laboral e familiar.

- Carácter educativo do comedor, xa que
ademáis de ofrecer un menú variado, tamén se transmiten hábitos e normas
relacionados coa comida. Impartición de cursos e charlas subvencionados polo
Concello.

 

 

 

Este servizo está xestionado pola ANPA, (aínda
que saíu unha nova normativa – ver, picando abaixo) cun contrato con
CATERING EL CANARIO, e supervisado polo Consello Es colar.

 

 

 




 

NORMATIVA DE COMEDORES ESCOLARES

 

 

Obxectivos xerais do comedor escolar

 

1. Desenvolver e fomentar hábitos alimentarios saudables dende a
escola, educar nutricionalmente, ensinar un comportamento social e ser centro
de desenvolvemento de habilidades e de convivencia.

2. Cubrir unha parte importante das necesidades nutricionais dos
nenos, proporcionando menús escolares saudables. As outras comidas do día deben
achega-lo resto das cantidades axeitadas de enerxía e de macro e
micronutrientes, que permitan un bo estado de saúde e un crecemento óptimo
durante a idade preescolar, escolar e adolescente.

3. Proporcionar unha alimentación variada para garanti-la inxestión
suficiente e adecuada de nutrientes e enriquece-la capacidade de adaptación do
neno ós diferentes alimentos, sabores e texturas.

4. Educa-la familia a través dos hábitos dietéticos adecuados dos
nenos e involucrala no programa do comedor escolar.

5. Favorece-la integración do profesorado no
proceso de educación nutricional na escola.

 

 

 

 

 

No Regulamento de Réxime Interior está recollido :

 

 

Os usuarios do comedor, durante o
tempo posterior á comida, sempre controlados pola coidadora, póden
permanecer no patio, taller de xogos e excepcionalmente na Biblioteca para
ler, facer deberes, pero nunca traballar nos ordenadores.

NORMAS

CONDUTAS CONTRARIAS ÁS NORMAS

O alumnado acudirá ó comedor ben aseado.

-Acudir sucio ou mal vestido

Manterase o orden tanto para entrar como para saír.

-Entrar e/ou saír correndo, empurrando, berrando.....

Cada
alumno/a manterá o mesmo asento e a mesma mesa durante todo o curso escolar,
salvo indicación contraria dos coidadores/as

-Cambiarse
de lugar sen permiso.

Cada
alumno/a deberá comer de todo e toda a cantidade que se lle bote no prato.

-Negarse a
comer.                  -Comer só o que
gusta

-Deixar
comida no prato          -Tirar comida

Durante a
estancia no comedor, cada un debe permanecer sentado no seu asento e manter
un comportamento correcto.

-
Levantarse do sitio

-Facer
ruído coa boca, cos cubertos, coas cadeiras...

-Tirar pan
ou outros resto de comida.

Poderase
falar en voz baixa e só cos compañeiros que cada un ten ao lado ou en fronte.

- Berrar
ou pretender comunicarse con compañeiros que están lonxe.

Deixarase
a mesa o máis limpa posible.

 

-Tirar
comida na mesa ou no chan.

- Deixar
sen recoller os restos de comida que puidesen caer.

Os
alumnos/as non poderán saír do recinto escolar durante o tempo de comedor
salvo cos seus pais/nais e previa información ó equipo directivo ou encargada
do comedor.

-Saír do
recinto escolar sen permiso ou sen comunicarllo á dirección ou encargada do
comedor.

Durante o
recreo de sobremesa o alumnado deberá permanecer no patio, ou ben nas zonas
do centro habilitadas para eles en caso de choiva (Taller de Xogos,
Biblioteca)

-Andar por
lugares do centro non autorizados.

A
encargada debe  de ordenar as
actividades durante o tempo de comedor e do recreo, polo tanto o alumnado
deberá respectala, seguir as súas directrices e colaborar con ela para un bo
funcionamento do servizo.

-Ser
irrespectuosos co persoal coidador.

-Desobedecer
as súas indicacións

 

Normas hixiénicas no comedor

 

1. Lava-las mans antes de comer.

2. Manter unha postura correcta e unha actitude relaxada.

3. Comer sen présas. Aconséllase que o tempo necesario para comer
non sexa inferior a 20 minutos.

4. Mastigar ben.

5. Beber durante a comida.

6. Saber utiliza-los cubertos.

7. Utiliza-lo pano de mesa sempre que sexa necesario.

8. Evitar falar coa boca chea, pero si conversar cos compañeiros.

9. Manter limpa a mesa.

10. Enxauga-la boca e cepilla-los dentes inmediatamente despois de
rematar de comer.


INFORMACIÓN DA XUNTA SOBRE COMEDORES ESCOLARES