Hola familias!
Primeiramente agradecer, sen dúbida, a paciencia e comprensión que vimos reflectidas en tod@s aquelas familias socias desta asociación que o 26/07/2021 tiveron a ben participar ( xa seña de modo presencial, ou ben delegando o seu voto) na asamblea xeral de soci@s, xa que para nós a vosa opinión é importantísima, e gracias a aprobación dos asuntos tratados na mesma o traballo que temos está a sair adiante, e axuda para atender a demanda do maior número de socios posibles; motivo prioritario para esta ANPA, pero que moitas veces non chegamos a cumprir para que seña do agrado de todos. Asegurámovos que estamos a facer todo o posible, e tamén o imposible, para acadar dito obxetivo, pero a maioría das veces parece que estamos a subir o Turmalet, entre peques, casa e traballo non hai horas do día que cheguen. É un traballo esgotador, pero cando notamos o apoio, tanto pola vosa parte como o do resto da comunnidade educativa e o resultado de dito esforzo repercute na mesma, resulta moi gratificante e anímanos a seguir traballando para que a educación pública dos nos@s nen@s mellore. Neste momento somos unha menos no equipo, unha das nosas compañeiras tivo que pedir traslado por causas profesionais, motivo polo cal, gustaríanos aproveitar a ocasión, para agradecerlle a súa gran labor nesta asociación e desexarlle os mellores dos éxitos nesta nova singradura tanto para ela como para a súa familia.
O equipo que a día de hoxe formamos a ANPA Monte do Muiño, estamos a poñer da nosa parte todo o empeño posible en prol da máxima trasparencia cara os soci@s, como así se nos solicitou na asamblea xeral, por este motivo gustaríanos aclarar algúns temas nos que parece que pode haber algún tipo de dúbida:
- Actividades extraescolares: indicar que a nosa prioridade é a conciliación familiar e laboral dos nos@s soci@s pero, tendo sempre presente que todavía o COVID está a mergullarse no noso día a día e que temos que seguir unha normativa e uns protocolos que cumprir da mellor maneira posible e estes teñen que cadrar entre sí tanto os protocolos do centro, como das empresas colaboradoras como os da nosa asociación, non esquezades, como ben indicou a dirección da escola nas reunións de comezo de curso, que ainda que as restriccións están a ser un pouco menos restrictivas, temos que seguir a respetar os grupos burbulla, as separacións interpersoais o acceso limitado das familias ao centro..., implicando todo esto que os espazos no cole tamén señan limitados e desta forma non é posible poder ofertar todas as opcións que nos gustarían. O inicio deste tipo de actividades en todos os centros de ensinanza pública son en outubro, por eso este ano xa que a normativa COVID a si o permitie, propúxose o servizo de cóxegas para favorecer a conciliación.
O curso pasado comezamos ofertando poucas actividades xa que a normativa e os protocolos COVID así o requerian, en canto tivemos oportunidade o abano foi ampliado. Neste novo curso 2021/22; coa integración da Federación de AMPAS (como así foi aprobado na asemblea xeral) queremos poder atender as vosas demandas pero sen olvidar en todo momento as restriccións antes mencionadas.
De seguido, mediante o documento adxunto, tendes o cadro coas franxas horarias, os días das activiades extraescolares que tanto as empresas colaboradoras xunto coa Federación serán impartidas no noso cole segundo as peticións que nas enquisas recibidas, forón as máis votadas . É importante que saibades que a Federación ten as súas propias regras ( non poden coincidir as suas activiades con outras empresas no mesmo espacio e o mínimo para facer grupo, ten que ser de 10 de nen@s por etapa educativa, infantil e primaria, distinguindo en algunhas actividades de 1º a 3º de primaria e de 4º a 6º de primaria , cousa que co resto de empresas son 10 nen@s como minímo por actividade e dentro da mesma reparten a os nenos por grupos de idade).
En canto a actividade de prepatinaxe e patinaxe, duas cousas son as que hai que ter en conta:
1) Os patins poden ser en paralelo ou en línea.
2) Os usuari@s de comedor seran recollidos pola monitora de dita actividade e será a encargada de poñer os patins a todos aqueles que non poidan o non saiban facelo por sí mesmos, restando tempo da clase. Os que veñan da casa accederán ao centro polo portal do patio cuberto sendo os pais os encargados de poñer os patíns, polo que terán que estar 10 minutos antes da actividade no colexio para poñer os mesmos.
A extraescolar de inglés para os nenos de infantil de momento non se van a ofertar. A federación de ampas avisounos que este ano non a van a impartir. Estamos a estudar algunhas ofertas con outras empresas e tan pronto saibamos de algo vos informaremos.
Tendo en conta todas estas premisas e que os espacios limitanse para cumprir cos protocolos; podedes ver que as cábalas a facer non son doadas pero esperamos non defraudar e cumprir co esperado.
O prazo para inscribirse ás actividades será ata o dia 22/09/2021 ás 23:59 hr.
⬇️TEDES TODA A INFORMACIÓN NO ARQUIVO ADXUNTO ABAIXO⬇️
Para calquera consulta que teñades, xa sabedes que está a vosa disposición a conta de correo anpaceipnovomesoiro@gmail.com.
Grazas
Un saúdo
ANPA MONTE DO MUIÑO
Anexo | Tamaño |
---|---|
EXTRA.pdf | 190.94 KB |