Novas do Colexio
Novas de interese do Colexio
ABELLAS NA ESCOLA
Xa estamos a rematar este 2º trimestre que dedicamos no proxecto de ciencias a investigar sobre o noso planeta.
E comezamos con esta visita a enlazar o tema que nos ocupará o 3º trimestre: os seres vivos.
Aprendemos un montón sobre este tipo de insectos: a súa morfoloxía, onde viven, como se alimentan, que traballos fan, que produtos nos dan... espertando a curiosidade e as ganas de coñecer máis!
Probamos a xelea real, o mel e ata fixemos unha candea que levamos para casa!
SEMANA DAS CIENCIAS DE PONTEAREAS 2022
SEMANA DAS CIENCIAS DE PONTEAREAS 2022
O club de Ciencias e Robótica do cole, alumnos de 5º e 6º e as mestras Marga e Susana participaron este venres 25 na tradicional Feira das Ciencias.
Bravo! O voso traballo foi xenial e moi interesante!
Na Semana das Ciencias de Ponteareas, a ciencia e o alumnado dos centros educativos son os protagonistas e os responsables de facerlles chegar á veciñanza unha mensaxe: detrás de cada segundo da noso día a día está a ciencia, unha ciencia amiga que nos axuda a mellorar.
O tema deste ano foi a "Sostibilidade e o Cambio Climático"
NOVA CONCRECIÓN CURRICULAR
Trala Orde do 25 de xaneiro do 2022 na que se actualiza a orde de avaliación da Educación Primaria, achegamos documento coas pertinentes modificacións.
»
8M - DÍA DA MULLER 2022
Hoxe é o día internacional da MULLER
Data na que se celebran os logros acadados na loita pola igualdade. Bo día para todas!
ENTROIDO 2022
BO MARTES DE ENTROIDO!
Así vivimos nós a semana de Entroido: obedecemos as ordes do Meco extraterrestre, pintamos 2 murais xigantes con motivos do universo e para finalizar, o venres co noso disfrace fixemos o desfile e a chocolatada!
FESTA RACHADA!
Esta actividade estivo organizada polo equipo de actividades complementarias e extraescolares.
DÍA DE ROSALÍA - CALDO DE GLORIA
O pasado 23 de febreiro, Día de Rosalía, os nenos e nenas que quedan no comedor puideron comer o CALDO DE GLORIA.
Marga, a encargada do comedor do cole, e Dimitri, o noso cociñeiro, amósannos como se fai este caldo tradicional.
Estaba boísimo!
DÍA DE ROSALÍA 2022
No noso cole temos uns verdadeiros artistas!
Mirade que traballos máis bonitos fixeron con distintas técnicas sobre o rostro da nosa escritora máis universal...
Tamén aprendemos moito sobre a súa vida e obra como podedes ver.
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Biblioteca.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Así investigamos no cole ás mulleres científicas no Día internacional da muller e a nena na ciencia.
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2022
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
Martes 15 de febreiro ás 17:00h
Mércores 16 de febreiro ás 12:45h
Vide a coñecer o noso cole, esperámosvos!
SE ALGUÉN QUEDOU SEN VISITAR O CENTRO, PODE CONTACTAR CON NÓS PARA SOLUCIONAR DÚBIDAS OU AMOSAR AS INSTALACIÓNS.
DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2022
Festexamos o venres 28 este día tan especial elaborando un colgante que decoramos e no que escribimos frases a prol da Paz e dos Hábitos Saudables que será o tema central das actividades deste curso. Tamén bailamos e cantamos coa voz e co LSE a canción "De festa" todos á vez, nenos e nenas, mestres e mestras, antes de ir ao recreo. No recreo puxemos música variada sobre a Paz. Aínda que as actividades comúns tiveron que ser anuladas por precaución debido á situación Covid, traballamos durante a semana cos titores na aula este tema de varias maneiras!!!
Porque non queremos guerras nin violencia!
E como di a canción: "berramos coma toliños" que QUEREMOS A PAZ!
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Convivencia e Imaxe.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - Novas do Colexio Distribuir contido](/centros/ceipasveigas/misc/feed.png)