RADIO FALADORA COMEZA OS SEUS PROGRAMAS DESTE CURSO 2010-11

No pasado mércores 6 de outubro iniciáronse as emisións de Radio Faladora, a nosa Radio escolar, correspondentes a este curso 2010-11.

Emitiuse no colexio o programa 61 que proximamente vai ser subido á rede.

remedios6b NOVA BITÁCORA EN INTERNET DA AULA DE 6º B

Nun paso máis no uso das novas tecnoloxías, a aula de 6º B de E. Primaria do CEIP Nosa Señora dos Remedios conta cunha bitácora propia en Internet, na que van ir aparecendo traballos e actividade do alumnado desta aula, baixo a coordinación da súa titora.

Podedes acceder a esta bitácora dende o enlace que hai na parte de arriba desta web ou indo ao enderezo de Internet: http://remedios6b.blogspot.com

Dende aquí animamos a todos/as a traballar nesta bitácora.

O CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS VAI CONTAR CUN AUXILIAR NATIVO DE CONVERSA EN INGLÉS

O CEIP Nosa Señora dos Remedios vai contar durante este curso cun auxiliar de conversa en Inglés, nacido na Gran Bretaña.

Este é un paso máis para a mellora no ensino do Inglés, que vén a completar ás seccións bilingües e o traballo tan importante que están a facer as mestras especialistas en Inglés do noso centro.

0 30 DE SETEMBRO REMATA O PRAZO PARA AS AXUDAS PARA A COMPRA DOS LIBROS DE MATEMÁTICAS DE 3º E 4º DE E PRIMARIA

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas para a compra dos libros de matemáticas de 3º e 4º de E. Primaria remata o 30 de setembro.

Lembramos que estas solicitudes deben presentarse na secretaría do colexio xunto coa documentación correspondente.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O pasado 18 de xuño celebrouse no Pavillón Municipal de Deportes de Ponteareas o Festival de fin de curso.

 


RADIO FALADORA 59

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o programa nº 58 de Radio faladora a nosa radio escolar emitido no colexio o pasado 3 de Xuño:

http://www.box.net/shared/u1jb6p2iii

 

RADIO FALADORA 58

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o programa nº 58 de Radio faladora a nosa radio escolar emitido no colexio o pasado 27 de maio:

http://www.box.net/shared/7n0tg9ltqi 

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Como en anos anteriores dende a aula de Música promoveuse a exposición de instrumentos musicais elaborados polo alumnado do colexio nas súas casas.

 


Distribuir contido