PREMIO A PITIÑOS: UN PROXECTO DO OVO Á GALIÑA, REALIZADO NO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concedeulle un premio ao CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas, por Pitiños: un proxecto do ovo á galiña.
Este proxecto foi premiado na categoría de ciencias no IV CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS, convocado ao abeiro do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, información e aprendizaxe).
O concurso fomenta os traballos de aula que empregan a biblioteca do Centro como un espazo non só de búsqueda de información senón tamén, de realización de diversas actividades, como a de seguir pistas con robótica, empregando unha metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP).
As titoras Maite Domínguez e Susana Lamela motivaron a toda a comunicade educativa cunha incubadora que puxeron entre as dúas aulas. O coidado dos ovos, o nacemento e a adopción dos pitiños, o traballo cooperativo, o uso de dispositivos móbiles, a robótica, os experimentos, a colaboración coas familias, a elaboración de receitas co ovo como ingrediente... son palabras clave que nos achegan un pouco máis á definición deste proxecto.
Co proceso de pescuda dimos respostas a preguntas como:
-
Como sabemos se un ovo foi fertilizado?
-
Podemos comer os ovos de todos os animais?
-
Como sabe unha galiña cales son os seus ovos?
-
Que comen as galiñas?
-
Como saen os pitiños do ovo?
-
Que hai dentro dun ovo
-
En que se parece e se diferenza unha galiña dun galo?
-
A que temperatura ten que estar a incubadora para que nazan os pitiños? É sempre a
-
mesma temperatura durante os 21 días?
-
As galiñas son felices no galiñeiro?
-
Que outros animais nacen do ovo?
-
Que produtos se elaboran con ovos?
-
Os ovos caducan? Cando?
Se o alumnado se ilusiona aprende moito mellor.