Responder ó comentario
APOIO Á INFORMATICA
Estes días comezamos coas clases de apoio a informática por parte do Equipo TIC do colexio.
En Primaria, o obxectivo é fornecer ao alumnado das ferramentas necesarias para que se poidan desenvolver con soltura no uso das Novas Tecnoloxías aplicadas á educación: partes dun ordenador, Linux, LibreOffice, ler e escribir, debuxar, crear presentacións…
En Infantil, traballamos coas tablets. Como tarefa, imos crear monstruíños. A través de diversas aplicacións, xogaremos coas figuras xeométricas, aumentando a dificultade sesión a sesión, ata que ao final sexan capaces de crear eles mesmos os seus propios personaxes.
No ficheiro adxunto completamos esta información.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Apoio a informática.pdf | 7.51 MB |